Páxina web oficial da Aula CeMIT do Concello de Ribadeo.

A Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica (Rede CeMIT) é unha iniciativa posta en marcha pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) da Xunta da Galicia que forma parte da Axenda Dixital 2014.gal, enmarcada no Plan Estratéxico Galicia 2010-2014 que ten como fin acadar a converxencia tecnolóxica con Europa no horizonte do ano 2020.
A Rede caracterízase pola impartición de actividades formativas no eido da alfabetización dixital e do emprendemento.
Os centros da rede tamén son Aulas Abertas, espazos nos que poderás acceder libre e gratuitamente á utilización das aulas, dentro dun horario establecido, onde se conta co apoio e asesoramento dos Axentes TIC. Para empregar os ordenadores das aulas nas horas de Aula Aberta é necesario estar dado de alta como usuario da Rede CeMIT.”

CeMit_Ribadeo_2015_cursos_informaticaA Aula CeMIT de Ribadeo conta co seguinte equipamento:

  • Conexión a internet de 200 Mb + Rede Wi-Fi.
  • 16 ordenadores co Sistema Operativo Debian GNU/Linux.
  • Proxector + Pantalla de proxección.
  • Impresora laser Branco/Negro + Escáner.

 

Dende este espazo iremos compartindo as actividades formativas que se realizan neste aula (Seminarios por Video-conferencia, cursos de alfabetización dixital, ofimática, Redes Sociais, creación de blogs e páxinas web, etc.).