Curso WordPressO próximo mes de marzo reiniciamos os cursos na Aula CeMIT de Ribadeo. O primeiro que imos realizar é para aprender a manexar o xestor de contidos WordPress, o máis usado do planeta. Sabías que WordPress está detrás de arredor do 20% de todas as webs do mundo?

Neste curso crearemos a nosa primeira páxina web/blog co servizo gratuíto de WordPress.com, pero os coñecementos que adquiramos servirannos para, nun futuro, crear e/ou administrar unha páxina web con dominio e aloxamento propios.

Aprenderemos a rexistrar “nuestraweb.wordpress.com”, escoller a aparencia de entre a multitude de temas existentes, dotar de contido ás nosas páxinas e/ou entradas, incluír imaxes, videos e mapas ás nosas seccións e moitas outras cousas máis.

O curso comezará a principios de marzo, terá unha duración aproximada de 4 semanas en dúas sesións á semana, dunha hora e media cada unha, e como seguramente moitos dos que asistades quedaredes con ganas de seguir aprendendo, máis adiante faremos a segunda parte onde xa avanzaremos do wordpress.com ao wordpress.org que nos permitirá infinitas posibilidades máis. Pero iso xa volo contaremos máis adiante…

Para + información xa sabedes onde estamos, non?

Curso: Crea a túa propia páxina web.
Compárteo!
Etiquetado en: