Curso twitter CeMIT RibadeoCurso dirixido a persoas que queiran empezar a manexar a Rede Social twitter.

Aprenderemos a crear a nosa conta, configurar o noso perfil de usuario e descubriremos que significan eses termos propios da rede que cada día están máis en boca de todos:

TrendingTopic, “Hastag, “Retuit, “FAV, “follower, “unfollow

Twitter é unha ferramenta moi potente, usándoa poderás:

  • Decatarte de noticias en tempo real e comentalas.
  • Clasificar a información que queres ver.
  • Seguir a blogs, páxinas web, personaxes famosos que sexan do teu interese.
  • Simplemente entreterte.
  • Etc.

O curso terá lugar os días 16, 17 e 18 de xuño, en horario de 11:30 h. a 13:00 h.

Inscricións:
Na aula CeMIT de Ribadeo ou se xa es usuario da Rede CeMIT no seguinte enlace: https://cemit.xunta.es/actividade/13845

Curso: Aprende a usar twitter
Compárteo!
Tagged on: