curso-agosto_mocidade_ribadeo_2015_cemitCurso dirixido a mocidade de entre 12 e 16 anos. Durante os días 25, 26, 27 e 28 de agosto en horario de 10:00 a 11:00h. En caso de superar o número máximo de inscritos realizaranse 2 grupos, o seguinte de 11:00 a 12:00h.

Aprenderemos a usar varias ferramentas de Google que nos serán de utilidade para realizar traballos durante o curso escolar. Usaremos o editor de textos, as presentacións e os formularios de Google Drive. Tamén conectaremos a aplicación Pixlr á nosa conta de Drive para realizar pequenas edicións de imaxes.

IMPORTANTE!
As preinscricións presenciais poderanse facer na Aula CeMIT do 3 ao 7 de agosto, e na Biblioteca Municipal ata o 24 de agosto.

Ou ben online a través do seguinte enlace se xa sodes usuarios da Rede CeMIT: Preinscrición curso.

Para darse de alta na Rede CeMIT recordade que o podedes facer a través do seguinte formulario.

Curso para a Mocidade (agosto 2015)
Compárteo!
Tagged on: