charla_mocidade_ticsO vindeiro mércores 21 de outubro ás 19:30h. terá lugar na Aula CeMIT de Ribadeo a Xornada Tecnolóxica Informativa “Os bos e malos usos das TICs”.

O Colexio Profesional de Enxenería en Informática de GALICIA (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica De Galicia (AMTEGA) prepara a “Xira Rapaciños”.

Os bos e malos usos das TIC. Uns encontros para familias, docentes e nenos entre 8 a 14 anos co obxectivo de sensibilizalos e formalos acerca dos riscos dun mal emprego de internet, das redes sociais e dos dispositivos e tamen exponer en detalle os moitos beneficios que poden tirar dun uso axeitado destes recursos.

Familias e docentes atoparán información e recursos de interese, namentres os nenos e nenas adquiren hábitos seguros para navegar na Rede e desenvolvan a súa creatividade tecnolóxica a través de obradoiros pensados para que se divirtan e aprendan.

INSCRICIÓNS GRATUITAS NA CASA DA XUVENTUDE: Tlf: 982 129 889 / 982 120 732.

Charla: “Os bos e malos usos das TICs”
Compárteo!
Etiquetado en: