Nunca é tarde para aprender algo novo, manexar un teléfono móbil dos chamados intelixentes (smartphones), navegar por internet, movernos polas redes sociais e tantas outras oportunidades de participar e sentirnos partícipes que se nos abren cada día e que están a un só “clic” do rato do noso ordenador ou un só toque dunha tecla do noso teléfono.

A aprendizaxe des-tes novos usos, lonxe de ser complicada, pode ser doada, atractiva e incluso divertida.

Todo iso o perseguen os obradoiros que imos realizar en colaboración co proxecto interparroquial do Concello de Ribadeo “Aquí? Coma de 20” a partir do 1 de xuño por as tardes nas parroquias de Ribadeo.

Aprende a usar o smartphone nas parroquias
Compárteo!
Etiquetado en: