Smartphones e tabletas para maiores

Taller smartphones e tabletas para maioresO luns 2 de outubro de 16:00 a 17:30 h. terá lugar na Aula CeMIT de Ribadeo un taller gratuito dirixido a persoas maiores sobre o uso dos dispositivos móbiles organizado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e Orange dentro do programa «Ao lado dos nosos maiores«.

Estará impartido por persoal de Orange, que facilitará as tabletas e móbiles necesarios para que todos os asistentes poidan realizar as actividades do curso.

O obxectivo principal desta actividade é ensinar aos participantes as pautas básicas do funcionamento das tabletas e móbiles para facer a súa experiencia máis doada, que adquiran maior autonomía persoal e se familiaricen coa tecnoloxía móbil. Entre outros contidos tratarase como acceder ás redes móbiles e wifis, enviar e recibir WhatsApp, enviar fotos, vídeos e mensaxes, gardar os contactos e todas aquelas dúbidas que lles poidan xurdir no uso normal do teléfono e/ou tableta.

As prazas son limitadas e será preciso preinscrición na propia Aula CeMIT de Ribadeo.

 

CONTIDOS DO TALLER:
Smartphone- Móbil para maiores.
  • iPhone vs Android.
  • Funcionalidades básicas.
  • Acceso / Axustes / Contactos
  • Chamadas
  • Whatsapp / Mensaxes (sms)
  • Cámara. Galería.
Conectarse a Internet.
  • Acceso a Internet; móbil vs wi-fi
  • Navegador; Google Chrome
  • Correo electrónico; crear e xestionar  unha conta
  • App’s; descargar, acceso, agrupar, desinstalar, recomendadas, redes sociais…
Compárteo!