Guía técnica e Proxecto tipo de Infraestucturas de Fogar Dixital

Guía técnica e Proxecto tipo de Infraestruturas de Fogar Dixital (IFD)O vindeiro día 17 de outubro de 2017 (martes), ás 10:00 horas, terá lugar na aula do Centro Demostrador TIC en Santiago de Compostela a presentación da “Guía técnica e Proxecto tipo de Infraestruturas de Fogar Dixital (IFD)”.

Esta presentación está dirixida fundamentalmente ao persoal municipal con competencias no ordenamento urbanístico (secretarios, arquitecto municipal, persoal de urbanismo ou obras, etc), así como aos instaladores, aos promotores e calquera persoal con interese nesta temática e contidos.

Este acto, que terá unha duración aproximada de 2 horas, poderase seguir a través de videoconferencia na Aula CeMIT de Ribadeo, sendo o único requisito para asistir o darse de alta como usuario/a da rede CeMIT e solicitar a inscrición neste evento.

CAL E O PROGRAMA?

  • Que é o Fogar Dixital.
  • Decreto 127/2016 de Fogar Dixital de Galicia.
  • Proxecto Tipo de Infraestruturas Básicas de Fogar Dixital.
Compárteo!