Presentación «Sé Dixital»

Sé dixitalO xoves 19 de outubro, ás 10:00 horas, terá lugar na aula do Centro Demostrador TIC en Santiago de Compostela a presentación dunha actividade formativa que se vai a realizar en colaboración con Orange e a Escola de Organización Industrial (EOI), acto que será retransmitido a través de videoconferencia desde a Aula CeMIT de Ribadeo. O acto terá unha duración máxima de unha 1 hora.

En que consiste “Sé dixital”?

Sé dixital é un programa de formación on-line para desenvolver habilidades dixitais e axudar aos cidadáns a facer negocios desde a súa localidade. O programa está baseado en contidos de alta calidade e coas últimas técnicas audiovisuais/linguaxes de comunicación, con expertos e especialistas de renome, e adaptados á realidade de cada municipio ou comunidade.

A formación consiste nun curso gratuíto de 20 horas de carga lectiva orientado a todos os cidadáns, profesionais e comercios de Ribadeo, e ao que poderán acceder durante aproximadamente 1 mes e medio (45 días) utilizando a plataforma de formación creado ad hoc para o programa.

Esta plataforma está dispoñible desde calquera dispositivo fixo ou móbil, coa vantaxe engadida que para ser alumno de “Sé dixital” non se requiren coñecementos previos; de ahí que o curso estea dirixido a calquera público interesado en oportunidades de negocio utilizando Internet e os medios dixitais.

Algúns dos contidos nos que se formarán os participantes son:

  • Oportunidades para os negocios desde a súa localidade.
  • Tecnoloxía básica para os negocios e a promoción en canles dixitais.
  • Consideracións xurídicas básicas sobre propiedade intelectual e protección de datos.
  • Outras temáticas relacionadas coa economía dixital.

Durante a duración da actividade, os alumnos terán acceso á comunidade de aprendizaxe local e nacional e contarán con titores e dinamizadores específicos.

O alumnado que complete a formación obterá un Certificado oficial da EOI (Escola de Organización Industrial).

O único requisito para asistir é ser usuario/a da rede CeMIT e solicitar a inscrición neste evento.

Compárteo!