Obradoiro Ferramentas Dixitais

Obradoiro Mocidade RibadeoObradoiro de «Ferramentas Dixitais» na Aula CeMIT de Ribadeo en colaboración coa Concellaría de Mocidade dirixido a rapaces e rapazas a partir de 10 anos.

Traballaremos coas seguintes ferramentas dixitais que nos serán de moita utilidade para realizar traballos, tanto individuais como en grupo:

  • Editores de textos: Writer (LibreOffice) e Google Docs.
  • Presentacións de imaxes de Google.
  • Editor de imaxes online Pixlr.
  • E algunhas «píldoras» máis.

Terá lugar os días 3, 4 e 5 de xaneiro de 2018 en horario de 11:30 h. a 13:00 h.

As prazas son limitadas e será preciso a inscrición nas oficinas da OMIX (Casa da Xuventude).

Obradoiro Mocidade CeMIT Ribadeo

Compárteo!