Aprende a usar o teu smartphone 2018

Curso smartphones persoas maioresOs días 18, 19, 23 e 24 de abril, de 16:00 a 17:30 horas, impartiremos na Aula CeMIT de Ribadeo unha nova edición da iniciativa formativa «Aprende a usar o teu smartphone» en colaboración coa Fundación Vodafone.

Vodafone España pon á nosa disposición varios cursos online formados por vídeo pílulas formativas orientados principalmente a introducir  ás  persoas maiores xa non só no uso básico destes dispositivos senón a mostrarlles tamén as múltiples vantaxes e posibilidades que se lles abren en temas como seguridade, novas formas de lecer, as relacións cos demais ou o dispoñer dunha maior información, todo iso concentrado nestes dispositivos que combinan unha gran portabilidad e accesibilidade desde calquera sitio e lugar.

Como apoio a este curso, ofrécennos a posibilidade de contar cuns 10 smartphones como elementos de apoio ás clases para permitir a práctica dos coñecementos que se van tratando, así como cunhas guías en papel que conteñen o material didáctico básico que se explicará ao longo do curso.

 

As prazas son limitadas e será necesario facer a preinscrición, ben chamando ao 982 120 732 ou be acudindo a propia Aula CeMIT.

Compárteo!