Presentación de aplicacións móbiles útiles para o sector agrogandeiro

Apps sector agrogandeiroO próximo día 14 de maio, en horario de 16:00 a 17:00 horas retransmitiremos mediante videoconferencia a xornada informativa «Presentación de aplicacións móbiles útiles para o sector agrogandeiro» que terá lugar nas instalacións do CDTIC en Santiago.

Trátase dun software de xestión orientado aos traballadores deste sector, de carácter gratuíto e de acceso libre.

Cal é o programa?

Introdución a xestión dunha explotación Gandeira con AinfoVac:

  • Características básicas.
  • Módulo económico.
  • Módulo gandaría.
  • Módulo Cultivos.
  • Sincronización con Android.
  • Informes e resultados.

Introdución a xestión de cultivos con AinfoHor:

  • Características básicas.
  • Xestión de compras e aprovisionamentos.
  • Xestión de cultivos.
  • Xestión económica.
  • Sincronización con Ainfovac.

Para quen?

Destinado a xerentes e traballadores de explotacións agrogandeiras e/ou hortofrutícolas.

Por que?

Para dar conta, no ámbito do noso rural, das vantaxes de empregar as ferramentas informáticas para a xestión, o control e a comunicación das actividades vinculadas ao agrogandeiro introducindo as novas tecnoloxías e o software libre nas empresas deste sector.

Esta xornada será impartida por un dos responsables do proxecto, Xosé Manuel Campos e ten como obxectivo dar conta, no ámbito do noso rural, das distintas solucións dispoñibles así como das vantaxes de empregar as ferramentas informáticas para a xestión, o control e a comunicación das actividades vinculadas ao sector agrogandeiro introducindo as novas tecnoloxías e o software libre nas empresas deste sector.

Tras esta xornada,  as aulas interesadas poderemos solicitar (baixo dispoñibilidade do poñente) que se realice algún taller presencial e máis práctico sobre algunha das solucións presentadas na propia Aula CeMIT de Ribadeo.

Para máis información sobre a iniciativa que leva a cabo EFA Galicia  podedes consultar o Proxecto Ainfogra.

 

Compárteo!