Ao lado dos nosos maiores

Ao lado dos nosos maiores

“Ao lado dos nosos maiores” trátase da realización dun taller práctico, impartido polo persoal de Orange, de 2 sesións de 2 horas de duración nas que explicarase e acompañarase ás persoas maiores no manexo dos móbiles ou tabletas.

Na Aula CeMIT de Ribadeo terá lugar os días 18 e 25 de xuño de 11:30 a 13:30 horas.

O obxectivo principal desta actividade é ensinar aos participantes as pautas básicas do funcionamento das tabletas e móbiles así como solucionar as dúbidas que poidan ter para facer a súa experiencia máis doada, que adquiran maior autonomía persoal e que se familiaricen coa tecnoloxía móbil.
Durante as 4 horas de actividade é recomendable que as persoas maiores leven os seus teléfonos e tabletas para aprender a enviar fotos, vídeos e mensaxes por WhatsApp, gardar contactos, facer chamadas, acceder e navegar por Internet e resolver todas aquelas dúbidas que lles poidan xurdir no uso normal do teléfono e/ou tableta.
Para asistir a actividade non é necesario ser cliente de Orange, é preferible que os participantes leven os seus propios terminais  para acadar un maior aproveitamento do taller e no caso de que algún dos asistentes non acuda cun dispositivo móbil, os formadores  disporán de 2 tabletas e 2 smartphones.
As prazas son limitadas e será necesario facer a preinscrición, ben chamando ao 982 120 732 ou be acudindo a propia Aula CeMIT.
Compárteo!