Obradoiro de Robótica

obradoiro robóticaO día 9 de agosto (de 10:00 a 14:00 h.) celebraremos un obradoiro de Robótica na Aula CeMIT de Ribadeo dirixido a mozos e mozas de entre 9 e 16 anos.
Este obradoiro inclúese dentro do “Programa Tech Kids 2019” da AMTEGA en colaboración co Aliado Dixital: Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG).

A actividade iniciará as nenas e nenos na programación dun xeito entretido. A bondade máis importante da robótica e de separar o alumno da pantalla e facer que interactúe co mundo real a través dos sensores e dos actuadores dun robot.

MBot e un robot comercial que dispón das ferramentas precisas para facer que a programación sexa unha actividade divertida, xa que presenta o resultados dun xeito diferente.

O mostrar resultados por medio de movementos, luces, sons, conseguemos separarnos da exactitude que existe no mundo dixital e decatarnos que no mundo real, 1 + 1 non son exactamente 2.

A actividade constará de superar mini-retos. A resolución de cada reto instruirá o alumno nun algoritmo distinto de programación.

  1. MBot Segueliñas: Facemos que o mbot siga unha a liña dun circuíto. Competiremos entre os alumnos para ver quen fai o robot máis rápido. Aprenderemos o ciclo da vida do software e os condicionais.
  2. MBot Radiocontrol: Facendo uso do makey makey construiremos un mando a distancia que controlará o noso mbot coma se fose un coche de radiocontrol. Aprenderemos eventos, electricidade e comunicación wireless.
  3. MBot Labirinto: Construiremos un pequeno labirinto e tentaremos que o mBot o percorra ata atopar a saída. Este reto terémolo preparado no caso de que alumnos con perfil geek rematasen os outros restos. Aprenderemos algoritmos e bucles.

Que aporta esta actividade?

  • Programación: Iniciaremos na programación por bloques. Aprendendo o ciclo da vida do software, os condicionais, as variables e os algoritmos.
  • Electricidade: Coñeceremos as partes do robot e a función que desenrolan. Tamén aprenderemos de condutividade e circuitos eléctricos cando constrúan o control remoto de mBot.
  • Plástica: para os máis cativos debuxaremos, recurtaremos e pegaremos o control remoto do mBot. Pintarémolo o noso gusto traballando a psicomotricidade fina.

PRAZAS LIMITADAS

Inscrición: O prazo de inscrición estará aberto do luns 29 de xullo ao luns 5 de agosto (ambos os dous incluídos).
Presencial na propia Aula CeMIT, no tlf: 982120732 ou online no seguinte enlace: Reservar praza.

Compárteo!