Charla: Telefonía móbil e internet

Charla: Telefonía móbil e internetO luns, 7 de outubro, de 12:00 a 13:30 horas asistiremos mediante videoconferencia á Xornada Informativa «Telefonía móbil e internet«.

Trátase dunha iniciativa posta en marcha dende a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega – Xunta de Galicia) en colaboración co Instituto Galego de Consumo.

Nesta charla falaremos dos principais conceptos que debemos manexar e ter en conta na contratación, a relación coas compañías de telefonía móbil e os diferentes servizos ofertados por estas (internet, datos, etc.): tipos de tarifas, permanencia, etc.

Ademais, profundizaremos nos dereitos que nos amparan en materia de consumo e analizaremos as principais reclamacións en materia de telefonía móbil e internet (combos, fusión…), así de cómo realizar un uso responsable desde o punto de vista do consumo.

As prazas son limitadas e as inscricións pódense facer:

Compárteo!