Presentación da plataforma É-Saúde 2020

esaudeO xoves 12 de marzo (de 11:00 a 13:00 horas) na Aula CeMIT de Ribadeo retransmitiremos unha vez máis mediante videoconferencia a charla que nos ofrece a Universidade Senior de A Coruña “PRESENTACIÓN DA PLATAFORMA É-SAÚDE”.

É-Saúde trátase dunha aplicación informática que constitúe a ferramenta do SERGAS para a comunicación co cidadán, accesible desde calquera lugar e dispositivo (ordenador, móbil, tableta…) que lle permite o acceso a servizos e contidos de saúde personalizados: Plataforma É-Saúde.

Que podo atopar en É-saúde?

  • Calendario

Consulta das súas citas.

  • Historia clínica

Acceso aos informes da súa historia clínica electrónica.

  • Medicación

Información sobre a súa medicación pasada, actual e futura.

  • Atención sanitaria

Xestión das súas citas e información sobre os seus profesionais.

  • Adestramento en saúde

Xestión da súa propia saúde, definnición de iniciativas de mellora e seguimento das mesmas.

  • Asociacións

Acceso á información de asociacións de pacientes e posibilidade de interacción entre os seus membros.

  • Centros

Información de farmacias, hospitais, centros de saúde e servizos de urxencias.

  • Información e Trámites

Información histórica sobre a súa saúde e xestión de trámites co Sergas.

As prazas son limitadas e será necesario facer a preinscripción na propia Aula CeMIT ou ben no seguinte enlace: Reservar praza.

Compárteo!