• A aula CeMIT de Ribadeo é de acceso libre e de balde.

  • Para o emprego dos recursos da Aula CeMIT os/as usuarios/as deberán rexistrase como tal,  (os/as menores de 18 anos precisarán para a inscrición como usuario/a unha autorización do seu pai, nai ou titor/a).

  • En cada uso/visita que se faga ao centro deberá identificarse como usuario/a ante a persoa responsable.

  • Para preservar o bo estado dos equipos non se pode comer, nin beber na sala.

  • Para manter o bo clima de traballo respecte ás persoas e ós materiais.

  • Evite facer ruídos: se quere escoitar música ou desenvolver calquera actividade ruidosa empregue os auriculares, utilice un ton de voz baixo e quítelle o son ou desconecte o móbil.

  • Non se poderá baixar software nin instalar nos equipos ningún tipo de programa ou aplicación sen autorización do responsable do centro.

  • O uso indebido dos equipos ou as modificacións na configuración deberá supor a expulsión inmediata e definitiva do centro.

  • Para evitar a entrada de virus a utilización de dispositivos de memoria será supervisado pola persoa responsable da aula.

  • Estabeleceranse como usos prioritarios do centro os seguintes:

      • Acceso a portais e servizos da administración.

      • Proxectos de teletraballo, formación e teleformación.

      • Procura de emprego/orientación profesional.

      • Realización de traballos e actividades académicas.

  • Queda totalmente prohibido o acceso a páxinas de contidos pornográficos, terroristas, racistas ou calquera contido que viole a legalidade vixente ou atente contra a dignidade das persoas.

  • Os/as menores de idade non poderán acceder á aula no horario escolar.

  • Os/as menores de 8 anos deberán estar sempre na compaña dun adulto responsable.

  • Restrinxirase o uso do chat e mensaxería instantánea ós/ás menores de 16 anos, agás que estean acompañados do seu pai, nai ou titor/a.

  • Prégase que non se garde información nos computadores da aula. A información gardarda será borrada periodicamente.

  • Respectarase o horario. A aula non estará aberta ao público cando haxa algunha actividade formativa; ésta será comunicada mediante carteis e nos horarios de cada mes.

  • O tempo de utilización de cada equipo será de 1 hora para ocio e de 2 horas para usos profesionais (realización de traballos, currículums, busca de emprego…)

  • Só se poderán realizar impresións de Currículum Vitae e sempre coa autorización do axente TIC da aula.

  • O incumprimento destas normas poderá supoñer a expulsión do centro.