Aula CeMIT do Concello de Ribadeo.

“A Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica (Rede CeMIT) é unha iniciativa posta en marcha pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) da Xunta da Galicia que forma parte da Axenda Dixital 2014.gal, enmarcada no Plan Estratéxico Galicia 2010-2014 que ten como fin acadar a converxencia tecnolóxica con Europa no horizonte do ano 2020.

A Rede caracterízase pola impartición de actividades formativas no eido da alfabetización dixital e do emprendemento mediante profesorado especializado.

Os centros da rede tamén son Aulas Abertas, espazos nos que poderás acceder libre e gratuitamente á utilización das aulas, dentro dun horario establecido. Para empregar os ordenadores das aulas, é necesario estar rexistrado/a como usuario/a da Rede CeMIT.”

CeMIT Ribadeo (telecentro) Cursos informática gratuitos en RibadeoA Aula CeMIT de Ribadeo conta co seguinte equipamento:

  • Conexión a internet de fibra + Rede Wi-Fi.
  • 15 ordenadores co Sistema Operativo Debian GNU/Linux.
  • Proxector + Pantalla de proxección.
  • Impresora laser Branco/Negro + Escáner.