O vindeiro 3 de decembro as 16:00 h. terá lugar na Aula CeMIT de Ribadeo a proba de avaliación presencial para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática (CODIX).
Os matriculados nesta proba deberán presentarse na aula provistos do DNI ou doutro documento fidedigno acreditativo da súa identidade. Cada participante debe lembrar o seu usuario e contrasinal que lle permite entrar na plataforma aula virtual, que coincide co que lle dá acceso a zona de usuario da rade CeMIT. Non se autorizará o uso de dispositivos electrónicos durante o desenvolvemento das probas de avaliación.
A proba constará de 50 preguntas tipo test, terá 90 minutos de duración, as respostas incorrectas non descontarán e para a súa superación deberán de alcanzarse un 60% de respostas correctas.