Cursos Faite Dixit@l! en Ribadeo

Cursos CeMIT RibadeoHoxe finalizamos os cursos que se impartiron na Aula CeMIT de Ribadeo pertencentes ao programa Faite Dixit@l!, da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).

Foron en total 7 os cursos impartidos entre o 6 de outubro e o 4 de decembro e convertémonos así na aula CEMIT que máis cursos ofreceu do país cun total de 58 persoas inscritas.

Nestes días, o alumnado adquiriu competencias dixitais no uso e configuración de dispositivos móbiles, estratexias de marca persoal, uso de ferramentas web 2.0 e uso de redes sociais para a elaboración de contidos e posicionamento de marca.

Recordámosvos que para continuar ampliando ou reforzando os contidos aprendidos aquí tedes a vosa aula. A ela  poderedes vir  consultar calquera dúbida durante o horario de aula aberta. Ademais é aquí tamén onde realizaremos os próximos cursos para afondar nalgunhas das ferramentas vistas que máis captaron o interese das persoas participantes (creación de blogs/páxinas web, twitter, etc.)

Esperamos que os cursos cumpriran as expectativas dos asistentes e pedimos desculpas ao resto das persoas usuarias polo número de horas que a aula estivo ocupada.

Compárteo!