Ao igual que o ano pasado, a aula CeMIT de Ribadeo acollerá unha das probas para a obtención da Certificación Galega de Competencias Dixitais en Ofimática (CODIX).
Nesta ocasión será o xoves 30 de abril ás 10:00h.
Será preciso superar un exame de 50 preguntas tipo test referidas aos contidos do Plan Formativo Ofimático de Galicia, composto polas cinco unidades nas que se estrutura ou módulo formativo:
- Sistema Operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico.
- Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais. LibreOffice Base.
- Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información. LibreOffice Impress.
- Aplicacións informáticas de tratamento de textos. LibreOffice Writer.
- Aplicacións informáticas de follas de cálculo. LibreOffice Calc.
As persoas interesadas poden inscribirse nesta proba dende hoxe ata o martes 17 de marzo ás 14:00 horas. no seguinte enlace: CODIX CeMITRibadeo 2015 1ª edición.
Listaxe provisional de admitidos e reservas: Ribadeo
Os seleccionados no listado provisional de admitidos disporán dun prazo de 5 días hábiles (ata o vindeiro mércores 25 inclusive) para a realización do pagamento de 10€ correspondente aos dereitos de exame.
* Importante: Unha vez realizado o pagamento deberán achegar o xustificante do mesmo no enderezo electrónico: formacion-cemit@xunta.es
LISTAXE DEFINITIVO DE ADMITIDOS. Listaxe definitivo