O próximo 21 de maio (xoves) en horario de tarde (de 16:00 a 20:00 horas), terá lugar no Centro Demostrador TIC de Santiago de Compostela (CDTIC) a actividade denominada “Potencia a web do teu establecemento turístico e convértea no teu mellor comercial”.
Dende a aula CeMIT de Ribadeo retrasmitiremos en directo o evento a través de videoconferencia. Para poder asistir á devandita charla as persoas interesadas deberán inscribirse no seguinte enlace: https://goo.gl/JPNYN9 ou vindo á Aula CeMIT de Ribadeo.
Esta xornada ten como obxectivo o de dar a coñecer as ferramentas e estratexias dispoñibles en internet para que establecementos, operadores e entidades de xestión de destinos turísticos obteñan visibilidade e rendemento económico. Está xornada non só está orientada hacia un público específico, neste caso ao sector do turismo, senón que están abertas ao público en xeral e a todas as persoas que teñan interese na temática a tratar.
Podedes consultar o programa aquí: Programa