Curso dirixido a persoas que queiran empezar a manexar a Rede Social twitter.
Aprenderemos a crear a nosa conta, configurar o noso perfil de usuario e descubriremos que significan eses termos propios da rede que cada día están máis en boca de todos:
“TrendingTopic“, “Hastag“, “Retuit“, “FAV“, “follower“, “unfollow“…
Twitter é unha ferramenta moi potente, usándoa poderás:
- Decatarte de noticias en tempo real e comentalas.
- Clasificar a información que queres ver.
- Seguir a blogs, páxinas web, personaxes famosos que sexan do teu interese.
- Simplemente entreterte.
- Etc.
O curso terá lugar os días 16, 17 e 18 de xuño, en horario de 11:30 h. a 13:00 h.
Inscricións:
Na aula CeMIT de Ribadeo ou se xa es usuario da Rede CeMIT no seguinte enlace: https://cemit.xunta.es/actividade/13845