Neste mes de xullo impartiremos un curso de iniciación á informática. Estará dirixido a todas aquelas persoas que queiran aprender a manexar as funcións básicas do ordenador.
Veremos como crear documentos de texto, organización dos arquivos en carpetas, utilización de memorias extraíbles, navegar pola rede, usar o correo electrónico, rexistrarnos en páxinas web, etc.
Comezaremos dende 0, para aqueles alumnos que nunca tiveran contacto cun ordenador, e repasaremos conceptos, para aqueles que xa os manexan, pero queren facelo con maior soltura.
O curso comezará o xoves 2 de xullo e rematará o martes 30. Serán 2 sesións semanais (martes e xoves) de 12:00 h. a 13:30 h.
Para as inscricións e máis información pasarse pola Aula CeMIT de Ribadeo.