Curso: Informática para a mocidade

curso-informatica-ribadeo-mocidadeNova edición do curso “Informática para a mocidade“, ampliamos o rango de idades, esta vez de 10 a 16 anos. Aprenderemos a manexar as ferramentas de Google DRIVE para a edición de textos e para as presentacións de imaxes (tipo Power-Point), que nos serán de moita utilidade para realizar traballos tanto individuais como en grupo no curso escolar 2015/16. Veremos ademais outras ferramentas de edición de imaxes.

O curso será os días 21, 22, 23 e 24 de setembro de 16:00 h. a 17:00 h. (En caso de ter que facer dous grupos o seguinte horario sería de 17:00 h. a 18:00h.)

As preinscricións presenciais poderanse facer na Aula CeMIT do 14 ao 18 de setembro.

Ou ben online a través do seguinte enlace se xa sodes usuarios da Rede CeMIT: Preinscrición curso.

Para darse de alta na Rede CeMIT recordade que o podedes facer a través do seguinte formulario.

Compárteo!