Aprende a usar o Smartphone

Se queres aprender a manexar os novos teléfonos móbiles, a utilizar as vantaxes que che ofrecen, propoñémosche que veñas á aula CeMIT de Ribadeo e ensinarémosche como usar o smartphone e a acceder a Internet e o seu mundo. Todo iso, grazas á colaboración da Fundación Vodafone España e Amtega, dunha maneira fácil e sinxela, a través de vídeo-pílulas formativas presentadas por unha persoa maior que transmite confianza e seguridade, e coa axuda do Axente TIC.

curso_smartphone_cemit_ribadeo_2015

Ensinarémosche:

1. Que é e como é un Smartphone?.
2. Acender o teléfono.
3. Iconas de pantalla.
4. Chamar.
5. Recibir chamadas.
6. A axenda de contactos.
7. A cámara de fotos e vídeo.
8. Escribir mensaxes.
9. Conectarse a Internet.
10. Descargar aplicacións.
11. Aplicacións recomendadas.


A aparición dos novos teléfonos móbiles “smartphones” e das “tablets” xerou un novo cambio que temos que asimilar para non quedarnos á marxe dunha serie de novos servizos imprescindibles para poder vivir con plena autonomía persoal e independencia. As vantaxes que ofrece o uso destes teléfonos para as persoas maiores son innumerables en aspectos relacionados coa súa seguridade (geolocalización, teleasistencia…), a posibilidade de gozar novas formas de lecer (lectura, música, libros, xogos, turismo, museos, monumentos, cultura, gastronomía, TV…), maior relación cos demais (redes sociais, intercambio de fotos e vídeos, mensaxería por Internet,…), unha mellor información (noticias e prensa on-line…), aplicacións de servizos xerais (accesibilidade, administración electrónica, m-saúde), e todo iso do peto ou no bolso á man, en calquera lugar e a calquera hora.

Vente co teu “smartphone”… e nós ensinámosche a utilizalo. Dispoñerás ademais dunha guía moi útil. Se non tes smartphone, acode igual, dispoñeremos de 12 terminais para realizar o curso.

Compárteo!