Proba para a obtención do CODIX 2015 (2ª Edición)

CODIXO próximo martes, 13 de outubro, sairá publicada no Diario Oficial de Galicia unha resolución pola que se convocan probas de avaliación para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática (CODIX).

Si se cumpren estas previsións, o prazo de inscrición a través da web da Rede CeMIT comezará o día seguinte da súa publicación, o mércores 14 de outubro.

Na Aula CeMIT de Ribadeo a proba terá lugar o xoves 26 de novembro ás 10:00h.

#IMPORTANTE!

A diferenza de convocatorias anteriores o criterio de selección non será por “orde de inscrición”, senón que se seleccionarán aos participantes mediante orde alfabética a través de sorteo público das letras do primeiro apelido para evitar, por un lado, o colapso do sistema nas primeiras horas do prazo de inscrición e, por outro, establecer un sistema mais xusto con persoas que non dispoñen dos medios informáticos necesarios nas primeiras horas de apertura dese prazo de inscricións.

 icon-arrow-circle-right Inscrición

Compárteo!