Dende o 3 ata o 18 de novembro, estase desenvolvendo na Aula CeMIT de #Ribadeo o curso “Alfabetización Dixital para o emprego” do Plan Galego de Inclusión Social.
Os/As 15 participantes ribadenses desta formación foron seleccionados e derivados polos Equipo Comarcais de Inclusión de Mondoñedo do Plan Galego de Inclusión Social, sendo a formación de carácter gratuíto para as persoas asistentes.