O vindeiro xoves 26 de novembro ás 17:00 h., terá lugar na Aula CeMIT de Ribadeo (Casa da Xuventude), unha charla informativa do Programa de Garantía Xuvenil. O obxetivo de esta charla é o de informar a mozos e mozas de entre 16 e 29 anos que actualmente non estean traballando nin recibindo educación ou formación sobre as posibilidades que lle achega este programa.
“O obxectivo do Programa de Garantía Xuvenil é que os participantes poidan recibir unha oferta de emprego, de educación continua, formación de aprendiz ou acceder a un período de prácticas nun prazo de catro meses despois de acabar a educación formal ou quedar desempregados.
Para acadar este fin, o programa de Garantía Xuvenil vertébrase en catro eixos: mellora da intermediación (servizo de orientación e información laboral), mellora da empregabilidade (obradoiros de emprego, prácticas non laborais en empresas), estímulos á contratación (bonificacións e incentivos a empresarios que contraten a mozos e mozas inscritos no sistema nacional de Garantía Xuvenil) e fomento do emprendemento (axudas á creación de empresas propias e cooperativas).”