Exame presencial teleformación EMA

EMAA Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) pon a disposición de toda a cidadanía unha serie de 20 novos cursos de formación a distancia de diferentes temáticas relacionadas coas TIC, e que están aloxados na plataforma de teleformación EMA coa que conta a rede CeMIT (https://cemit.xunta.gal/ema)

Esta iniciativa formativa está aberta a toda a cidadanía, sendo o único requisito para entrar na plataforma de teleformación o de ser usuario/a da rede CeMIT, trámite que tamén pode formalizarse a través de internet.

Os cursos, dunhas 4 – 10 horas de duración cada un deles, van estar abertos e vanse a poder realizar libremente e en calquera momento, sen necesidade de realizar convocatorias previas ao non estar titorizados.

Unha vez seguido todo o material que conforman o/s curso/s activaraselle ao alumno a opción do exame, proba que terá que realizar OBRIGATORIAMENTE de forma presencial nun aula CeMIT unha vez superada a mesma e realizada a enquisa obrigatoria, poderá descargar un DIPLOMA DE REALIZACIÓN asinado dixitalmente, cuxa veracidade se poderá comprobar na sede electrónica da Xunta de Galicia.

 

Na Aula CeMIT de Ribadeo teredes a posibilidade de realizalas unha ou duas veces ao mes.

A primeira data disponible será o mércores 24 de maio ás 09:30 h.

Podedes facer a reserva da praza no seguinte enlace: RESEVAR PRAZA


A listaxe dos cursos dispoñibles é a seguinte:

  • Control parental.
  • Seguridade informática.
  • Uso do libro electrónico.
  • Uso da tableta.
  • Uso da cámara dixital.
  • Uso dos dispositivos electrónicos.
  • O correcto aproveitamento dos Smartphone.
  • Cloud computing.
  • Comercio electrónico.
  • Mercadotecnia e mercadotécnica nas redes.
  • Vendas no muro.
  • Posicionamiento social.
  • Creación de blogs.
  • Redes sociais.
  • Administración Electrónica.
  • Trámites económicos na Internet.
  • Factura electrónica.
  • Tramitación electrónica e xestión de documentación.
  • Seguridade en compras virtuais.
  • Innovación social.

Se precisades máis información non dubidedes en consultar.

 

Compárteo!