Hoxe publicase no DOG a convocatoria das probas presenciais de avaliación
de carácter libre para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática (CODIX).
- Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico.
- Aplicacións informáticas de tratamento de textos. LibreOffice Writer.
- Aplicacións informáticas de follas de cálculo. LibreOffice Calc.
- Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais. LibreOffice Base.
- Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información. LibreOffice Impress.
Prazo de inscrición: dende as 00:01 horas do mércores, día 4 de outubro, ata as 24:00 horas do martes 10 de outubro.
(Non se selecciona ao alumnado por orde de inscrición, polo que non é necesario acceder con celeridade para tramitar a solicitude)
Rematado o prazo de preinscrición (10 de outubro), realizarase o sorteo das letras do apelido para establecer a orde de inscritos con dereito a matriculación e listaxe de reservas.
Na Aula CeMIT de Ribadeo o exame será o mércores 15 de novembro ás 10:00 h.
Podedes realizar a preinscrición no seguinte enlace: https://cemit.xunta.gal/gl/actividade/22628