Obradoiro de “Ferramentas Dixitais” na Aula CeMIT de Ribadeo en colaboración coa Concellaría de Mocidade dirixido a rapaces e rapazas a partir de 10 anos.
Traballaremos coas seguintes ferramentas dixitais que nos serán de moita utilidade para realizar traballos, tanto individuais como en grupo:
- Editores de textos: Writer (LibreOffice) e Google Docs.
- Presentacións de imaxes de Google.
- Editor de imaxes online Pixlr.
- E algunhas “píldoras” máis.
Terá lugar os días 3, 4 e 5 de xaneiro de 2018 en horario de 11:30 h. a 13:00 h.
As prazas son limitadas e será preciso a inscrición nas oficinas da OMIX (Casa da Xuventude).