O luns 22 de xaneiro, en horario de 11:00 A 12:30 horas, terá lugar na Aula CeMIT de Ribadeo unha charla informativa, a través de videoconferencia, sobre “Telefonía móbil: Facturación e reclamacións” organizada polo Instituto Galego de Consumo, a Oficina Municipal de Información ó Consumidor (OMIC) de Ribadeo e mais a Aula CeMIT de Ribadeo.
- Nesta charla falaremos dos principais conceptos que debemos manexar e ter en conta na contratación e relación coas compañías de telefonía móbil: tipos de tarifas, permanencia, roaming, portabilidade, etc.
- Tamén analizaremos as principais reclamacións en materia de telefonía móbil e como realizar un uso responsable desde o punto de vista do consumo.
Una vez rematada a exposición dos contidos, abrirase un turno de preguntas en cada unha das aulas para que os participantes poidan interactuar co ponente e consulten as súas posibles dúbidas.
IMPORTANTE:
É necesaria a preinscrición, que ben podedes facer online no seguinte enlace: https://cemit.xunta.gal/actividade/23678 ou ben chamando ou acudindo a propia Aula CeMIT.