Faite dixit@l e tramita nun clic – Rexistro de Entidades Deportivas

Faite dixit@l e tramita nun clic - Rexistro de Entidades DeportivasO venres 9 de febreiro, ás 12:00 horas na Aula CeMIT de Ribadeo, retransmitiremos mediante videoconferencia a xornada que se celebrará no Centro Demostrador TIC de Santiago de Compostela “Faite dixit@l e tramita nun clic – Rexistro de Entidades Deportivas”.

A temática será sobre o funcionamento da Sede Electrónica da Xunta de Galicia e a presentación por medios electrónicos que teñen que realizar máis de 8.500 entidades deportivas de Galicia antes do 18 de febreiro, para respostar a un emprazamento da Secretaría Xeral para o Deporte, sobre a necesaria actualización da inscrición no Rexistro de Entidades Deportivas.

Durante esta xornada, na que intervirá un representante técnico da Amtega e un representante da Secretaría Xeral para o Deporte, se darán as pautas necesarias a través do manexo práctico da Sede Electrónica da Xunta así como do emprego dos diversos mecanismos de identificación e sinatura admitidos por dicha Sede Electrónica –incluido o sistema de usuario e clave Chave365.

Esta xornada práctica e informativa terá unha duración aproximada dunha hora – hora e media.

IMPORTANTE:
É necesaria a preinscrición, que ben podedes facer online no seguinte enlace: https://cemit.xunta.gal/gl/actividade/23925 ou ben chamando ou acudindo a propia Aula CeMIT.

Compárteo!