O luns 19 de marzo de 11:30 a 13:30 horas na Aula CeMIT de Ribadeo retransmitiremos mediante videoconferencia a charla que nos ofrece a Universidade Senior de A Coruña “PRESENTACIÓN DA PLATAFORMA É-SAÚDE”.
É-Saúde trátase dunha aplicación informática que constitúe a ferramenta do SERGAS para a comunicación co cidadán, accesible desde calquera lugar e dispositivo (ordenador, móbil, tableta…) que lle permite o acceso a servizos e contidos de saúde personalizados: Plataforma É-Saúde.
IMPORTANTE:
É necesaria a preinscrición, que ben podedes facer online no seguinte enlace (Reserva praza) ou ben chamando ou acudindo a propia Aula CeMIT.