Seminarios TIC

Seminarios TICDurante os días 20, 21 e 22 de marzo realizaranse na Aula CeMIT de Ribadeo unha serie de actividades relacionadas coas novas tecnoloxías e o envellecemento activo que se retransmitirán en colaboración con Canal Senior.

As actividades, de 90 minutos de duración cada unha delas en horario de 10:30 a 12:00, tratarán diversos contidos de temáticas diversas e cotiás apoiándose na axuda do uso das novas tecnoloxías.

  •  Martes 20 de marzo: Que é a Administración Electrónica e principais trámites online que che facilitarán a vida.
  •  Mércores 21 de marzo: O novo DNI electrónico. A importancia da firma dixital na actualidade.
  •  Xoves 22 de marzo: Seguridade e privacidade na internet. Protéxete dos perigos da Rede.

As actividades están dirixidas a persoas maiores, pero abertas a toda a poboación.

IMPORTANTE: As prazas son limitadas, é necesaria a preinscrición, que ben podedes facer online nos seguintes enlaces, ou ben chamando ou acudindo, a propia Aula CeMIT.

Compárteo!