Monta e pilota un dron. TECH KIDS

Drones CeMIT RibadeoO xoves, 13 de setembro, de 09:00 a 14:00 horas, organizaremos unha actividade no antigo Pavillón de Deportes Municipal de Ribadeo (Rúa Alfredo Diaño 7) dirixida a mozos e mozas de entre 12 e 16 anos de montaxe e pilotaxe de drons en colaboración co aliado dixital Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG).

Os rapaces e rapazas iniciaránse no mundo dos drones creando un circuito de habilidade onde os nenos e nenas podan adestrar no pilotaxe destas aeronaves. Coñeceremos as partes dos drones, como se montan e como son capaces de voar.

Logo farase unha práctica empregando dous tipos de aeronaves:

Un overcraft para comezar a entender os controis e movementos que ten un dron e unha vez iniciamos daremos o salto a un dron co cal percorreremos o circuito dando paso a unha competición entre os participantes.

A actividade terá unha duración de 5 horas cun descanso que inclúe unha “merenda/refrixerio”.

O final da sesión invitaremos os mellores participantes a sesión final da iniciativa Tech Kids en outubro.

IMPORTANTE: O prazo de inscrición rematará o martes 11 de setembro as 14:00 horas. As prazas son limitadas e será preciso facer a preinscrición na Aula CeMIT.

circuito drones

Compárteo!