O luns, 1 de outubro, de 12:00 a 14:00 horas asistiremos mediante videoconferencia á Xornada Informativa “Non tolees coa WiFi“.
Trátase dunha iniciativa posta en marcha dende a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega – Xunta de Galicia) en colaboración coa Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia (AETG) co fin de dar a coñecer as claves para que os particulares entendan os servizos da Internet que existen no mercado e a cobertura dispoñible.
Polo tanto, o obxectivo desta xornada será explicar todo o que debe saber un usuari@ para poder contratar no seu fogar un servizo da Internet adecuado ás súas necesidades e en función da súa cobertura, así como os seus dereitos e como solucionar incidencias e reclamacións referentes o servizo da Internet.
As prazas son limitadas e as inscricións pódense facer:
- Na propia Aula CeMIT de Ribadeo.
- Online no seguinte enlace: reservar praza.