Espazo Multimedia de Aprendizaxe (EMA)

EMA CeMITA Rede CeMIT pon a disposición dos usuarios e usuarias da Rede CeMIT un Espazo Multimedia de Aprendizaxe (EMA)  facilitando o acceso á alfabetización dixital á cidadanía.

A plataforma de teleformación coa que conta a rede CeMIT é un sitio web específicamente diseñado para o aprendizaxe en liña, dotado dunha certa variedade e diversidade de recursos estructurados en tres grandes eixes: Alfabetización dixital (básica), Capacitación dixital (avanzada) e Innovación social.

A través de EMA, os usuarios e usuarias xa rexistrados da Rede CeMIT poden acceder a un catálogo de accións formativas caracterizadas por ser cursos gratuítos todo o ano; o seu acceso desde calquera punto; a ausencia de matriculación nin de reserva de praza e a súa dispoñibilidade as 24 horas todos os días do ano.

Se non estás rexistrado/a como usuario/a da Rede CeMIT podes facelo nesta ligazón: Alta usuario/a.

Ademais de acoller actividades abertas, ven sendo utilizada para aloxar os contidos e as probas de avaliación da certificación galega de competencias dixitais en ofimática (CODIX), tanto na súa versión autoformativa como de teleformación.

Os cursos contan coa posibilidade de descargar un diploma de realización asinado dixitalmente unha vez superada a proba de carácter presencial a realizar na aula CeMIT.

A listaxe de cursos dispoñibles é a seguinte:

  • Control parental.
  • Seguridade informática.
  • Uso do libro electrónico.
  • Uso da tableta.
  • Uso da cámara dixital.
  • Uso dos dispositivos electrónicos.
  • O correcto aproveitamento dos smartphone.
  • Cloud computing.
  • Comercio electrónico.
  • Mercadotecnia e mercadotécnica nas redes.
  • Vendas no muro.
  • Posicionamiento social.
  • Creación de blogs.
  • Redes sociais.
  • Administración Electrónica.
  • Trámites económicos na Internet.
  •  Factura electrónica.
  • Tramitación electrónica e xestión de documentación.
  • Seguridade en compras virtuais.
  • Innovación social.
Compárteo!