XORNADA FINAL do Programa TECH KIDS

Xornada Final do Programa Tech Kids en colaboración co aliado dixital Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG)

– Cando será a xornada? O domingo 18 de novembro en horario de 11:00-14:30 horas.

– Onde? Na Cidade da Cultura de Galicia – Monte Gaiás s/n 15702 Santiago de Compostela (no Museo Centro Gaiás “Hall Tirantes”)

– Quen pode participar nesta xornada?: Todos os rapaces e rapazas entre 10 e 17 anosTerán prioridade de inscrición os participantes nas actividades do Programa Tech Kids desenvoltas na rede CeMIT durante o verán 2018.

– Que actividades se realizarán?:

  • Vídeo Mapping interactivo: Elaborar un “puzzle interactivo” organizando cadrados a través de movementos aéreos compoñendo un vídeo.
  • Chroma Key: Crear e posar nun escenario virtual en tempo real.
  • Jam Musical: Crear música, aínda sen coñecementos previos, cun sistema informático de música en directo.
  • Drones Tech: Coñecer as posibilidades que ofrecen os drones na actualidade e participarás na demostración.

    Tamén facilitarase unha bolsa de pícnic e haberá unha zona de xogos e un relatorio ás 12:00 de Mundos Dixitais para as familias.

– Como é o proceso de inscrición?:

PrazosAs inscricións xestionaranse por rigorosa orde de chegada ata o venres 16 de novembro ás 14:00 horas. Ata o martes 13 de novembro terán prioridade de inscrición os rapaces e rapazas que participaron nas actividades do Programa Tech Kids durante o verán de 2018, e a partir desta data, asignaranse as prazas dispoñibles a todos os rapaces e rapazas interesados.

Lugar de inscriciónAs persoas interesadas poderán inscribirse a través de https://cemit.xunta.gal/frm_tech_kids

AXUDAS AO DESPRAZAMENTO: Esta actividade está suxeita á axuda para o desprazamento aos rapaces e rapazas participantes nas actividades Teck Kids durante o verán de 2018 nas aulas CeMIT que se atopen en localidades a máis de 50 kms de distancia á Cidade da Cultura (tomarase como punto de orixe a localización da aula CeMIT). O importe de axudas ao desprazamento é limitado polo que se priorizará a axuda aos participantes das aulas CeMIT máis alonxadas. O mércores 14 de novembro se confirmará se a axuda foi concedida e o importe a recibir. O importe da axuda entregarase en efectivo o día do evento xunto cun xustificante de recepción. Para recoller a axuda para o desprazamento deberá presentar o DNI ou pasaporte do pai, nai ou titor legal, indicando o nome do neno ou nena inscrito.

Compárteo!