Día da Internet segura

Día da Internet seguraO martes 5 de febreiro, a Rede CeMIT celebra o Día de Internet Segura cunha programación especial de actividades das Aulas CeMIT, sumándose así a un evento que se ven celebrando desde o ano 2004 na Unión Europea e que actualmente conmemórase internacionalmente.

As actividades programadas desde a Rede CeMIT con motivo deste día teñen como obxectivo principal apoiar a creación dunha internet máis segura e mellor, para convertela nun espazo no que todos fagamos uso da tecnoloxía de modo máis responsable, respectuoso, crítico e creativo.

Na Aula CeMIT de Ribadeo, de 10:00 a 12:00 horas, participarase nun seminario en liña (webinar) sobre o Uso seguro de Internet: precaucións e métodos de protección, en colaboración co programa CyLdigital da Junta de Castilla y León.

As prazas son limitadas e será necesario facer a preinscripción na propia Aula CeMIT, no teléfono 982 120 732 ou ben no seguinte enlace: Revervar praza.

Compárteo!