Consumo dixital e comercio electrónico

O martes 12 de marzo, coincidindo coa Semana do Consumidor, a Escola Galega de Consumo ten programada unha charla sobre CONSUMO DIXITAL e COMERCIO ELECTRÓNICO na que estamos invitados a participar dende a Aula CeMIT de Ribadeo.
 
Esta charla, que se emite a través de videoconferencia, ten unha duración aproximada dunha hora (18:00 a 19:00 horas)  e está orientada para todos os públicos xa que pretende achegar ás persoas consumidoras cales son os seus dereitos e como defenderse como consumidores habituais. Una vez rematada a exposición dos contidos, abrirase un turno de preguntas para que os participantes poidan interactuar co ponente e consulten as súas posibles dúbidas.

 

Temática:
  • O consumo na rede estase a incrementar anualmente. Analizaremos os hábitos deste tipo de consumo, centrándonos principalmente nas compras e contratacións enliña.
  • O emprego xeneralizado das TIC fixo que se incrementara o denominado comercio electrónico, é dicir, a posibilidade de facer compras a través de internet, o que presenta moitas vantaxes sempre que se faga de xeito seguro.
  • Con esta charla explicaremos os pasos a seguir para facer compras e contratacións na internet dun xeito seguro e, especificamente, os aspectos máis importantes para evitar fraudes: identificacións de páxinas seguras, dos distintos medios de pago, posibilidade de abandonar a compra…
  • Analizaranse ademais, os dereitos específicos das persoas consumidoras dixitais.

As prazas son limitadas e será necesario facer a preinscripción na propia Aula CeMIT ou ben no seguinte enlace: Reservar praza.

 

Compárteo!