O xoves 14 de marzo (de 11:00 a 13:00 horas) na Aula CeMIT de Ribadeo retransmitiremos unha vez máis mediante videoconferencia a charla que nos ofrece a Universidade Senior de A Coruña “PRESENTACIÓN DA PLATAFORMA É-SAÚDE”.
É-Saúde trátase dunha aplicación informática que constitúe a ferramenta do SERGAS para a comunicación co cidadán, accesible desde calquera lugar e dispositivo (ordenador, móbil, tableta…) que lle permite o acceso a servizos e contidos de saúde personalizados: Plataforma É-Saúde.
Que podo atopar en É-saúde?
- Calendario
Consulta das súas citas.
- Historia clínica
Acceso aos informes da súa historia clínica electrónica.
- Medicación
Información sobre a súa medicación pasada, actual e futura.
- Atención sanitaria
Xestión das súas citas e información sobre os seus profesionais.
- Adestramento en saúde
Xestión da súa propia saúde, definnición de iniciativas de mellora e seguimento das mesmas.
- Asociacións
Acceso á información de asociacións de pacientes e posibilidade de interacción entre os seus membros.
- Centros
Información de farmacias, hospitais, centros de saúde e servizos de urxencias.
- Información e Trámites
Información histórica sobre a súa saúde e xestión de trámites co Sergas.
As prazas son limitadas e será necesario facer a preinscripción na propia Aula CeMIT ou ben no seguinte enlace: Reservar praza.