Os días 13, 14 e 15 de maio, de 16:00 a 17:30 horas, impartiremos na Aula CeMIT de Ribadeo un obradoiro gratuito sobre o manexo das tabletas dirixido ás persoas maiores en colaboración coa Fundación Vodafone España.
A actividade está orientada principalmente a introducir ás persoas maiores no uso básico destes dispositivos e de mostrarlles tamén as múltiples vantaxes e posibilidades que se lles abren aproveitando estas tecnoloxías que combinan unha gran portabilidade e accesibilidade desde calquera sitio e lugar.
A Fundación Vodafone España poñera a disposición dos asistentes 10 tabletas para que, os que non dispoñan destes dispositivos, poidan practicar durante as clases.
O obradoiro será exclusivamente para tabletas co Sistema Operativo ANDROID, non se traballará cos iPads.
As prazas son limitadas e será necesario facer a preinscripción na propia Aula CeMIT antes do xoves 10 de maio as 13:00 h. ou ben no seguinte enlace: Revervar praza.