CODIX 2ª quenda 2019

CODIXProbas presenciais de avaliación de carácter libre para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática (CODIX).

A certificación galega de competencias dixitais en ofimática é o documento que acredita posuír a combinación de coñecementos, capacidades e aptitudes no ámbito das TIC que as persoas precisan para desenvolverse con eficacia e eficiencia no manexo de aplicacións ofimáticas na xestión da información e a documentación.

Os 5 módulos dos que se compón o exame son:

  • Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico.
  • Aplicacións informáticas de tratamento de textos. LibreOffice Writer.
  • Aplicacións informáticas de follas de cálculo. LibreOffice Calc.
  • Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais. LibreOffice Base.
  • Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información. LibreOffice Impress.

Prazo de preinscrición: dende as 00:01 horas do martes, día 15 de outubro, ata as 24:00 horas do luns 21 de outubro.

(Non se selecciona ao alumnado por orde de inscrición, polo que non é necesario acceder con celeridade para tramitar a solicitude)

Rematado o prazo de preinscrición, realizarase o sorteo das letras do apelido para establecer a orde de inscritos con dereito a matriculación e listaxe de reservas.

Na Aula CeMIT de Ribadeo o exame será o mércores 13 de novembro ás 10:00 h.

Toda a info: DOG 195 do 14 de outubro de 2019

Podedes realizar a preinscrición no seguinte enlace: reservar praza

Compárteo!