Obradoiros Mocidade ‘10011

Obradoiros MocidadeA Concellaría de Igualdade, Ensino e Mocidade organiza no mes de decembro 2 obradoiros tecnolóxicos dirixidos á mocidade de Ribadeo.

INICIACIÓN Á ROBÓTICA

  • Data: 26 de decembro
  • Horario: 10:00 a 14:00 h. e 16:00 a 20:00 h.
  • Lugar: Aula CeMIT Ribadeo
  • Destinatarios: mozos e mozas de 11 anos en adiante.

A actividade iniciará as nenas e nenos na programación dun xeito entretido. A bondade máis importante da robótica e de separar o alumno da pantalla e facer que interactúe co mundo real a través dos sensores e dos actuadores dun robot.

MBot e un robot comercial que dispón das ferramentas precisas para facer que a programación sexa unha actividade divertida, xa que presenta o resultados dun xeito diferente.

O mostrar resultados por medio de movementos, luces, sons, conseguemos separarnos da exactitude que existe no mundo dixital e decatarnos que no mundo real, 1 + 1 non son exactamente 2.

A actividade constará de superar mini-retos. A resolución de cada reto instruirá o alumno nun algoritmo distinto de programación.

INICIACIÓN Á PROGRAMACIÓN MÓBILES ANDROID

  • Data: 27 de decembro
  • Horario: 10:00 a 14:00 h. e 16:00 a 20:00 h.
  • Lugar: Aula CeMIT Ribadeo
  • Destinatarios: mozos e mozas de 12 anos en adiante.

A actividade iniciará as nenas e nenos na programación no sistema operativo Android.

Unha vez rematada a sesión os alumnos terán creada a súa conta e os seu proxecto de app gardado na nube. A máis de inicialos na programación e facilitar eses primeiros pasos, permitimos que os alumnos podan seguir na súa casa mellorando a súa App e publicala cando o consideren.

IMPORTANTE: Os rapaces e as rapazas deberan traer un móbil Android e o cable USB para conectar o portátil.

INSCRICIÓNS

  • O prazo de inscrición abrirase o luns 16 de decembro ás 09:00 horas e pecharase o xoves 19 de decembro ás 13:00 horas.
  • A inscrición podera facerse de maneira presencial na Casa da Xuventude ou nos teléfonos 982120732 e 982129889.
  • As prazas para cada obradoiro asignaranse mediante sorteo público realizado o día 20 de decembro ás 10:00 horas.
Compárteo!