Ciclo Seminarios Administración Electrónica

seminarios onlineA Aula CeMIT de Ribadeo acollerá durante o mes de febreiro 3 seminarios online, en colaboración co aliado dixital FEGAUS, dedicados á Administración Electrónica.

Os seminarios serán emitidos desde a aula a través de videoconferencia. As prazas son limitadas e será preciso facer a inscrición online ou na propia Aula CeMIT.

Como obter a túa sinatura dixital (FNMT)

  • Data: 6 de febreiro
  • Horario: 10:30 a 11:30 horas.
  • Temática:
    • Que é a sinatura dixital.
    • Como obter a tua sinatura dixital.
    • Utilidades da sinatura dixital.
    • Verificar un documento asinado dixitalmente.
Inscrición

 

Como usar o DNI electrónico e o DNI 3.0 (lector e smartphone)

  • Data: 11 de febreiro
  • Horario: 10:30 a 11:30 horas.
  • Temática:
    • Diferenzas entre o DNI electrónico e o DNI 3.0.
    • Elementos necesarios para utilizar o novo DNI.
    • Que é a tecnoloxía «NFC» e para que serve.
    • Utilización de lectores e de teléfonos intelixentes para utilizar o DNI 3.0.
Inscrición

 

Trámites online con certificado dixital

  • Data: 18 de febreiro
  • Horario: 10:30 a 11:30 horas.
  • Temática:
    • Instalar o certificado dixital.
    • Onde usar o certificado dixital.
    • Solicitude do borrador IRPF, consulta do rexistro da propiedade, aprazamentos de débedas con Facenda.
    • Solicitude do certificado de retencións IRPF; pago deimpuestos (IBI, vehículos), empadroamento…
Inscrición

 

 

 

Compárteo!