Realización de exames universitarios na aula CeMIT

exames universitariosA Amtega xunto coa FEGAMP e as tres Universidades galegas asinaron un acordo para que o alumnado universitario con dificultades para examinarse online desde os seus fogares poida facelo nos centros da Rede CeMIT (do 1 de xuño ao 31 de xullo).

O alumnado interesado en acudir a aula CeMIT de Ribadeo deberá:

1. Rexistrarse coma usuario/a da Rede CeMIT na Web de CeMIT premendo no botón “Alta nova/o usuaria/o”, ou directamente na URL: https://aulascemit.xunta.es/usuarios/spring/usuarios. Ao finalizar o proceso, remitirase un correo electrónico coa confirmación da alta e o nome de usuario e o contrasinal.

2. Solicitar a reserva de praza para poder realizar o exame na aula de Ribadeo con máis dunha semana de anticipo:

  • Acceder a https://cemit.xunta.gal/buscador
  • Incluír no buscador “Conectividade – Exame para universitari@s” e premer na lupa para buscar. Tamén será posible filtrar por centro, por localidade, etc..
  • Unha vez atopada a convocatoria de exame na localidade, día e hora correcta, seleccionar o botón “Reservar” (Esta opción estará habilitada sempre que haxa prazas dispoñibles).
  • Introducir o usuario e contrasinal facilitados no correo electrónico durante o proceso de alta realizado no paso 1.
  • E premer en “Solicitude de inscrición” (Recibirase un correo cunha notificación coa solicitude de matrícula).

3. Esperar a que o responsable da aula CeMIT acepte a solicitude. Ante calquera dúbida, contactar co Axente TIC por teléfono ou correo electrónico dispoñible na seguinte ligazón: https://aulacemit.ribadeo.org/contacto/

4. Aceptada a solicitude, presentarse na aula:

  • Coas medidas de seguridade recomendadas: mantendo as distancias de seguridade de 2 metros, emprego de luvas e mascarilla e hixiene de mans. As mascarillas, luvas e demáis medidas de protección serán por conta do alumno.
  • Co equipamento propio para a realización do exame: portátil, tablet, ou o dispositivo que dispoña dos requirimentos necesarios para realizar o exame.
  • Co teléfono móbil para poder darse de alta para o uso da rede Wifi da Xunta de Galicia.
  • Con 30 minutos de adianto á proba do exame para poder conectar á rede o equipamento e facer as comprobacións oportunas.
  • No caso de que a proba a realizar conteña audio, o alumno levará auriculares para non molestar ao resto de usuarios.

5. Para calquera aclaración ou problema, contactar con Oficina CeMIT no correo cemit@xuntal.gal ou no teléfono 981 910 359.

Protocolo Universitarios

 

Compárteo!