Campamento tecnolóxico Constrúe na Casa

constrúe na casaUn ano máis a Rede CeMIT presenta o Programa Tech Kids: Campamento Tecnolóxico Constrúe na casaen colaboración co noso Aliado Dixital, o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) co obxectivo espertar e fomentar a curiosidade e creatividade entre alumnos de primaria e secundaria e o seu interese pola tecnoloxía.

O programa deste ano está marcado pola presencia da Covid-19 polo que todas as actividades se desenvolverán de xeito online desde os fogares dos rapaces, tendo preferencia de inscrición todos os usuari@s das aulas da Rede CeMIT e empregarase o criterio de orde de chegada das solicitudes para asignar as prazas.

Vos adiantamos a continuación un pequeno resumo de cada unha delas. Todas as actividades van destinadas a nen@s a partir de 6 anos sen necesidade de ter coñecementos previos nas materias a tratar:

1. Gamer Tech_ “Soña, deseña e crea videoxogos incribles”.

  •    Primeiro ciclo de primaria: Os xoves, de 10:30 a 13:30 horas. 
  •    Segundo ciclo de primaria: Os martes, de 10:30 a 13:30 horas.

2. Robo Tech_ “Se che gustan os retos, os desafíos e a robótica este é o teu campamento”.

  •    Primeiro ciclo de primaria: Os luns, de 10:30 a 13:30 horas. 
  •    Segundo ciclo de primaria: Os martes, de 10:30 a 13:30 horas.
  •    Secundaria: Os mércores, de 10:30 a 13:30  horas.

3. App Tech_ “Sorprende a tod@s creando a túa propia App”.

  •    Secundaria: Os mércores, de 10:30 a 13:30  horas.
  •    Segundo ciclo de primaria: Os venres, de 10:30 a 13:30 horas.

4. Compu Tech_ “Aprende todo o necesario para os teus traballos de clase”.

  •    Primeiro ciclo de primaria: Os xoves, de 10:30 a 13:30 horas. 
  •    Segundo ciclo de primaria: Os venres, de 10:30 a 13:30 horas.

5. Minecraft Tech_”Se o que che gusta é o Minecraft esta é a túa oportunidade”.

  •    Primeiro ciclo de primaria: Os luns, de 10:30 a 13:30 horas. 

 

Folleto informativo

As persoas interesadas poderán inscribirse na seguinte ligazón: INSCRICIÓN CAMPAMENTO. O prazo de inscrición remata o vindeiro luns día 27 de xullo ás 12:00 horas e os grupos realizaranse cun máximo de 20 alumn@s. Os usuari@s interesados en participar, poderán inscribirse a varias actividades en función do seu curso escolar e sempre e cando non coincidan no mesmo día.

Para máis información: techkids@cpeig.gal

Compárteo!