Iniciativa de asesoramento e apoio tecnolóxico para familias e alumnado

Iniciativa de asesoramento e apoio tecnolóxicoO sistema educativo está mudando cara a unha educación cada vez máis dixital, acrecentado neste tempo pola crise sanitaria COVID-19. Por iso desde a Concellaría de Igualdade, Ensino e Mocidade do Concello de Ribadeo é a Aula CeMIT poñemos en marcha esta iniciativa de asesoramento e apoio tecnolóxico, dirixida a familias e alumnado, para resolver todas aquelas dúbidas que poidan aparecer á hora de traballar nas plataformas dixitais educativas que utilicen os centros de ensino do noso concello e tamén ofertar as nosas instalacións, dotadas de equipos informáticos e conexión WiFi, como centro de traballo.

O horario de aula aberta da Aula CeMIT de Ribadeo é o seguinte:

  • Mañás: (Luns a venres: 09:00 h. a 13:00 h.)
  • Tardes: (Luns a xoves: 16:00 h. a 18:30 h.)
Compárteo!